A súa entidade empregadora ten a sede en Portugal, España ou noutro país europeo?

Desexa estabelecer contacto con candidatos/as titulados/as de Portugal, España e Europa?

Está interesad@ en promover o seu programa de prácticas e oportunidades de carreira?

Participar na FINDE.U Virtual lle vai permitir contactar con candidatos/as cualificados en Portugal, España e Europa que procuran unha (nova) oportunidade de carreira, grazas a unha plataforma innovadora e interactiva concibida para facilitar o desenvolvemento das mesmas actividades de captación que tería nunha feira presencial, sen saír do seu posto de traballo..

A maioría das candidaturas, estudantes /recén titulados/as e profesionais con experiencia no mercado de traballo, teñen coñecementos lingüísticos sólidos (fundamentalmente inglés), experiencia internacional (Erasmus, servizo de voluntariado, carreiras internacionais) e muitos deles están dispostos á mobilidade.

Este evento proporciona á súa organización un amplo abano de posibilidades de captación. Poderá tamén axustar o seu modelo de participación ás súas necesidades e dispoñibilidade. Pode:

  • Divulgar o perfil da súa organización na plataforma (incluíndo a opción de engadir vídeos);
  • Promover activamente as súas necesidades de captación, sexan oportunidades de emprego, de prácticas ou de investigación;
  • Recoller candidaturas previamente filtradas (con apoio do EURES) ou non;
  • Utilizar a opción de “live chat” para contactar cos/as candidatos/as;
  • Entrevistas “online” con candidatos/as seleccionados nun día e horario escollido previamente;
  • Facer unha presentación virtual (pre-grabada ) sobre a organización e as súas necesidades.

As presentacións pódense realizar na súa empresa ou en calquera outro local. Outra posibilidade é unirse a nós (no Porto, Vigo ou en Vila Real), no auditorio dunha das universidades anfitrionas.

Existe tamén a opción da dispoñibilidade “online” durante toda a semana ou nos días e horario previamente anunciados.

O apoio técnico e a asistencia estarán dispoñibles tamén durante o evento.

INSCRÍBASE XA! Inscrición (até 23 de marzo)