Buscas un emprego, unhas prácticas ou un proxecto de investigación en Europa?

Tes intención de contactar de xeito directo con empregadores españois, portugueses e europeos?

Precisas de consello sobre como buscar ou presentar a túa candidatura a un emprego? Sobre outras posibilidades de carreira? Información sobre condicións de vida e traballo noutros países europeos?

Se a resposta é SI, a FINDE.U Feira Internacional de Emprego Virtual é o evento perfecto para ti!

Participa “online” e coñece a empregadores de toda Europa que precisan o teu perfil e competencias.

Na terceira edición da FINDE.U Virtual, terás oportunidade de coñecer e estabelecer contacto “online” con empregadores de toda Europa. Poderás participar independentemente de onde te atopes na actualidade.

Este evento proporciona un abano moi amplo da información que podes precisar para a busca de emprego en Europa.

Poderás:

  • postular e/ou sinalar, durante as próximas semanas, ofertas de emprego e prácticas que se axusten ao teu perfil, e talvez seres preseleccionad@ para unha entrevista;
  • estabelecer un primeiro contacto a través de “live chat” coas empresas, conselleiros EURES e outros puntos de información;
  • participar nos “obradoiros” da túa universidade, sesións de información e presentacións dos expositores;
  • se foses selecionad@, poderás acceder ás entrevistas de captación “online”.

Para aproveitar o mellor posible o evento, debes inscribirte o máis pronto posible. Esta inscrición darache acceso a todas as funcionalidades dispoñibles, así como ás actualizacións que regularmente se fagan. Para máis información: aqui.

INSCRÍBETE XA! (gratuito)!