Tras o éxito das anteriores edicións, a Finde.U un consorcio da Universidade do Porto coa Universidade de Trás os Montes e Alto Douro, a Universidade de Vigo e actualmente a Universidade Católica Portuguesa, organiza durante o ano 2018 :

  • Feira Virtual do Emprego 2018, de 16 a 18 de abril de 2018
  • Feira Internacional do Emprego – Oporto, de 16 a 17 de outubro de 2018
  • Feira Internacional do Emprego – Vigo, de 23 a 24 de outubro de 2018

As empresas/organizacións poderán participar na FINDE.U en diferentes modalidades: nunha soa das feiras ou no conxunto, se é do interese da empresa/organización. As modalidades de participación e os seus respectivos custos se poden consultar no menú “modalidade de participación

As empresas/organizacións poden asociarse ao evento como patrocinadores, de xeito que se beneficiarían de varias vantaxes – consultar máis información e prazos de inscrición no apartado “Patrocinios“.

Para os estudantes e titulados/as, a FINDE.U, de entrada libre, é unha oportunidade para contactar, online e presencialmente, con varias entidades empregadoras e ter unha visión da situación actual do mercado de traballo e os seus desafíos inscríbete.